loaderimg
¿Quiénes somos?
Somos personas que estamos al servicio de las personas.

Un equipo del Ayuntamiento de Pontevedra que quiere conseguir que todas las personas vivan algo mejor, independientemente de su situación personal. Siempre que necesites ayuda básica para seguir con tu vida personal o familiar, aquí podrás encontrar una salida.

En este espacio virtual podrás encontrar algunas salidas que quizás estés buscando, ya que los Servicios Sociales Municipales son el sistema de protección social más cercano a ti, especialmente si estás o corres el riesgo de estar, en una situación de privación, marginación o exclusión social.
Q SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF)

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) está regulado na Ordenanza municipal da prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Pontevedra publicada no Boletín Oficial de Pontevedra do 6 de maio de 2009. Está pensado para persoas que presentan problemas para facer as actividades básicas da vida diaria, polo que se lles proporciona atención directa no seu domicilio, facendo tarefas específicas que compensen a súa restrición de autonomía funcional.

A atención que se pode prestar é:

Atención persoal: aseo e hixiene persoal, apoio e asistencia para erguerse e deitarse, mobilización e orientación espacio-temporal, control do réxime alimentario, supervisión da medicación…
Atención doméstica: limpeza da vivenda, merca de alimentos e outras compras, preparación de alimentos, lavado de roupa…
Atención psico-social e educativa: intervencións de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, da organización da economía doméstica, da afectividade, da convivencia, mellora de hábitos de orde e limpeza…
A quen vai dirixido?
SAF modalidade A (Municipal)
Esta modalidade do Servizo de Axuda no Fogar está pensada para persoas que non teñan recoñecida a súa situación dacordo á Lei de Dependencia. Poderán solicitar o servizo persoas empadroadas no Concello de Pontevedra cunha limitación da autonomía persoal. Os Servizos Sociais Municipais de Atención Primaria serán os que determinen que o SAF será o recurso máis idoneo de atención.

A financiación deste SAF é exclusivamente con fondos municipais.

Impreso para solicitar a Axuda no Fogar Municipal


SAF modalidade B (Lei de Dependencia)
Para iniciar o procedemento de valoración da situación de dependencia, necesario para o acceso ás prestacións recollidas na Lei 39/2006, de Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, pode acudir á Oficina de Servizos Sociais do Concello, onde se lle facilitará información e asesoramento ademais dos formularios de solicitude e outra información sobre a documentación necesaria para o inicio do expediente administrativo.

Vai destinado a persoas en situación de dependencia, con resolución do Programa Individual de Atención (PIA) que recolle a Lei, e no que se determina que o SAF é recurso máis idóneo. Á documentación aportada polo solicitante, o Concello adxunta un Informe Social que realiza o Traballador Social da Oficina de Servizos Sociais e que se remite á Delegación Provincial da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, organismo con competencias na valoración do grao e nivel de dependencia e na resolución das prestacións do Plan Individual de Atención.

Procedemento de solicitude de Dependencia (Consellería de Benestar)

Solicitude para o recoñecemento da situación de dependencia e o dereito ás prestacións do sistema
Como solicitar o Servizo de Axuda no Fogar?
Deberás pedir unha cita coas traballadoras sociais municipais que che demandarán a documentación obrigatoria e iniciarán o expediente, no caso de ter dereito a este servizo. A tramitación deste servizo sempre é persoal.

Consulta toda a información en Atención ás necesidades básicas.

Q TELEASISTENCIA

Regula o Servizo de Teleasistencia Domiciliaria (TAD) que pretende mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, permitindo a quen non precise de coidados permanentes, continuar no seu domicilio habitual e no ámbito no que desenvolve a súa vida, coa tranquilidade de que ante calquera risco ou emerxencia van ser atendidas con rapidez.
Os requisitos necesarios para ser usuarios do servizo de Teleasistencia son:

Ser residente e estar empadroado no Concello de Pontevedra.
Vivir ou pasar gran parte do día só ou en compañía de persoas en situación similar.
Ter cubertas as necesidades básicas de alimentación, vivenda e vestido.
Non padecer enfermidade ou incapacidade mental (están excluídas do servizo aquelas persoas afectadas por demencia senil).
Non ser mudo/a ou absolutamente xordo/a (ao ser a base do sistema a comunicación verbal).
Dispoñer, ou estar en condicións de dispoñer, de liña telefónica no seu domicilio.
Contar con, alomenos, unha persoa que resida no mesmo municipio e que teña as chaves do domicilio do usuario/a, para que se contacte con ela cando se produza calquera situación de urxencia.
Non ter dereito ao servizo a través doutra administración ou entidade pública.
Persoas que polos seus ingresos non poidan acceder á contratación de xeito privado.
Como solicitar o servizo de Teleasistencia?
Deberás pedir unha cita coas traballadoras sociais municipais que che demandarán a documentación obrigatoria e iniciarán o expediente, no caso de ter dereito a este servizo. A tramitación deste servizo sempre é persoal.

Q ATENCIÓN DOMICILIARIA DE URXENCIA

O servizo de atención nocturna ofrece realizar tarefas de carácter doméstico ou persoal en domicilios, de xeito puntual e inmediato, a persoas asistidas de urxencia pola Policía Local a consecuencia de avisos por caídas fortuítas na casa. Soen ser avisos preferentemente de noite para a atención a persoas maiores que viven sos ou acompañados de parellas de idade avanzada ou dependentes que non poden asistilos.

Este servizo préstase só a instancias da Policía Local (tlf 092) e ofrécese as 24 horas do día os 365 días do ano. Os profesionais son auxiliares de atención persoal e doméstica que ofrece os seguintes coidados:

Aseo persoal e cambio de cueiros e roupa de vestido.
Cambio de roupa de cama e arranxo básico da estancia onde se atope a persoa usuaria.
Apoio para deitarse ou levantarse da cama.
Preparación de alimentos e axuda a tomalos.
Facilitará o achegamento dos elementos da vivenda que proporcionen seguridade: teléfono, teleasistencia
Aqueles outros que se fagan precisos para facilitar a hixiene e seguridade da persoa usuaria.

Escribir una reseña

¿Cómo valoras este establecimiento?

angry
crying
sleeping
smily
cool
Buscar

Your review is recommended to be at least 140 characters long

image

Mostrar todos los horarios
  • Lunes09:00 - 13:00
  • Martes09:00 - 13:00
  • Miércoles09:00 - 13:00
  • Jueves09:00 - 13:00
  • Viernes09:00 - 13:00
building ¿Es propietario o trabaja aquí? ¡Reclamar ahora! ¡Reclamar ahora!

Características

  • Departamento de Trabajo Social:
Mostrar todo
    image

    Ir al contenido